Tres foron os eixos que marcaron o fío condutor deste proxecto: En primeiro lugar xerar valor a partires da ensamblaxe de diferentes elementos comúns para conseguir un produto novo, valor que ven dado por unha nova función de uso adquirida pola suma das cualidades de seu de cada compoñente. Outra motivación do exercicio é o factor sustentabilidade, que recae na reutilización de obxectos que chegaron ao remate da vida útil para a cal foron concibidos. Un terceiro móbil -e non por iso menor- para desenvolver esta experiencia é a intención de reinterpretar o case tradicional emprego do metálico ou somier como módulo de peche en fincas ao longo de toda a xeografía galega.
A partires do uso socialmente establecido do metálico como separador de espazos, propuxemos contextualizalo en interiores tanto domésticos como de oficina, engadíndolle a función de emparrado sobre o que gabea calquera planta trepadora de interior. A localización da peza en espazos de traballo incide na dirección de conseguir ambientes de traballo máis agradables e humanos, a través da creación de sensacións vencelladas ao espazo natural.
Vexetálico Separador de espazos
Cenlitros