No rural galego temos grandes explotacións agrícolas e gandeiras e temos pequenas explotacións que, sen ser o motor económico principal dos seus propietarios, cumpren unha función importante ao cubrir as necesidades fundamentais de autoconsumo dunha casa.
Cada vez é máis habitual ver postos de venta dos excedentes deste autoconsumo nas beiras das estradas. Postos improvisados con reixas, mesas vellas ou carretas nos que se poden atopar produtos de tempada, frescos e a un prezo xusto para o comprador e para o produtor.
Surtidhora é un sistema de caixas modulares e un carriño de transporte creados para facilitar as tarefas relacionadas co transporte e venta destes excedentes, mellorando ademais a conservación dos produtos e facendo máis visible esta actividade.
O elemento fundamental do sistema son as caixas para transportar os produtos. Os seus costados teñen un particular perfil que permite adoptar tres posicións distintas na porta frontal da caixa, desta maneira podemos ter a caixa pechada, semiaberta ou totalmente aberta. A base e as caras frontal e traseira prodúcense en diversos materiais -taboleiro perforado, tea de cánabo, corres de carballo e trenzado de varas e corda- en función do tipo de produto que vaia aloxar para optimizar a súa conservación.
Surtidhora Punto de abastos
Cenlitros