Silvereira é un obradoiro de artesanía adicado á xoiaría e complementos. A reestruturación do seu catálogo obrígao a contar cun novo stand que faga máis plausible este novo rumbo.
Coa versatilidade como eixo principal no desenvolvemento, traballamos coa idea dun sistema expositivo modular a partir dun modelo clásico taboleiro-cabaletes, que permitise diversas ordenacións no espazo do stand. Os cabaletes invertidos ofrecen ademais a posibilidade de variar a altura do taboleiro.
Para artellar a exposición das pezas nestes expositores valémonos das propiedades da lycra, a cal tensamos sobre un taboleiro con diversos obxectos que alteran a superficie e compoñen topografías sobre as que colocar as pezas.
No que respecta á iluminación aplicamos dúas solucións complementarias: unha iluminación na base dos taboleiros, que acentúa a sensación de orografía da lycra, e unha cenital -formada por lámpadas pregables- para iluminar correctamente as pezas expostas.
O stand complétano dous baúis de transporte, con espazos para gardar todo o necesario para a montaxe do stand. Ademais, cada un deles dispón de varios caixóns e bandexas extraíbles nos que poder dispoñer o mostrario completo de pezas. Esta circunstancia, combinada coa altura dos baúis -a axeitada para sentarse- desdobra a función destes, convertíndoos nunha zona de atención ao cliente.
Silvereira. Stand Stand
Silvereira
Ficha técnica
- Título
Silvereira. Stand - Título descritivo
Deseño e desenvolvemento de stand transportable para exposición de produtos de xoiaría - Data
Outubro 2011 - Promotor
Silvereira - Deseño e desenvolvemento
Cenlitrosmetrocadrado - Carpintaría
Carpintaría Óscar Penedo - Compoñentes eléctricos e de iluminación
Tokonoma Espacio - Fundas de lycra
Adriana Barreiro - Fotografía
Javier Iglesias - Mencións
Del tirador a la ciudad. El País
Acción DAG