Rosa Méndez é unha artesá xoieira do concello de Teo que caracteriza as súas pezas polo emprego do vidro con diversidade de técnicas e acabados.
A inestabilidade económica que estamos a padecer neste momento está forzando ao colectivo de artesáns a reformular todo o referido á organización e loxística que conleva a presenza en feiras profesionais. A redución das vendas obrígaos a buscar novas fórmulas de exposición que incidan en minimizar ou flexibilizar aspectos como: superficie ocupada, tempo de montaxe/desmontaxe, volume e peso no transporte ou persoal de atención ao público.
Co obxectivo de dar solución a estas eivas plantexamos un sistema de mesas de exposición circulares construídas a partires dunha estrutura de paraugas que incorpora un sinxelo sistema de iluminación. Isto permítenos unha grande flexibilidade no tamaño e altura das superficies así como na composición do espazo de exposición, e sobre todo unha optimización de todo o relativo á montaxe/desmontaxe e transporte.
Rosa Méndez Stand
Rosa Méndez
Ficha técnica
- Título Rosa Méndez. Stand
- Título descritivo Deseño de stand para exposición de produtos de xoiaría
- Data Xaneiro 2015
- Promotor Rosa Méndez
- Deseño Cenlitrosmetrocadrado
- Traballos de metal Delfín Guldrís
- Compoñentes de madeira Carpintaría Óscar Penedo
- Iluminación Iluminación Pérez Antolín
- Fotografía Cenlitrosmetrocadrado