Rebo

Rebo

A convivencia de usos diversos nun entorno de oficina ou doméstico esixe o emprego de pequenos sistemas de almacenaxe que permitan de forma rápida e cómoda efectuar os cambios de labor.

Un conxunto de pequenos contedores que posibilitan sistematizar a ordenación de pequenos útiles domésticos ou de oficina. A súa modularidade permite adaptarse aos diferentes tamaños e a apilabilidade minimiza o espazo ocupado e establece unha orde. Unha forma rápida e sinxela de organizar e transportar aqueles obxectos miúdos de uso cotián.

Deseño para Nado
Fotografías de Roi Alonso, Javi Brandido

Tenda 100L

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.