A cafetaría-pastelaría Nogallás está a desenvolver o que poderiamos chamar unha I+D do queique, doce típico de Ordes de aspecto semellante á do panettone italiano, incidindo na súa historia e receitas tradicionais e á vez investigan con novos ingredientes (lévedos ecolóxicos, pébedas de chocolate…). A partir desta aposta polo queique como especialidade estrela, revélase a necesidade tanto de revisar a marca matriz coma de desenvolver unha embalaxe específica que comunique os seus valores e que á vez non supoña un sobrecusto importante nun produto que xa ten de por si unha relación calidade/prezo moi axustada.
Para acadalo disociamos as funcións entre os distintos materiais que a compoñen, unha caixa de cartolina craft que desempeña funcións de rixidez estrutural e illamento da luz e un prego de polietileno para conservar o queique en condicións óptimas de humidade. Esta disociación facilita tamén a súa separación e, polo tanto, a súa reciclaxe.
Queique Nogallás Marca e embalaxe
Nogallás
Ficha técnica
- Título Queique Nogallás
- Título descritivo Actualización de imaxe corporativa para cafetaría-pastelaría e desenvolvemento de embalaxe para queique
- Data Setembro 2013
- Promotor Nogallás
- Deseño de imaxe corporativa Cenlitrosmetrocadrado
- Deseño e desenvolvemento de embalaxe Cenlitrosmetrocadrado
- Impresión e troquelado Tórculo
- Fotografía Cenlitrosmetrocadrado
- Menciones Del tirador a la ciudad. El País A Revista. TVG