No devagar da nosa índa curta traxectoria profesional fomos coincidindo repetidas veces cunha serie de persoas coas que nos resultaba fácil entendernos. Esa relación supoñía, ao mesmo tempo, un feito enriquecedor para todos. Os encontros sempre tiñan o patrimonio cultural nas súas múltiples vertentes como nexo de unión, onde cada quen se adicaba ao seu.
Deste xeito, e sen intención previa algunha, fomos conformando case un comando de intervención cultural cunha ampla orientación profesional. Ao contrario do habitual percatámonos que isto xa era un feito e o casamento só precisaba dun nome e dunha imaxe para rematalo, e ata niso foi fácil o acordo. O nome aúna vida, fecundidade e territorio, baixo unha aparencia gráfica sinxela e amable, tentando manternos á marxe das tendencias gráficas.
Pulso D’Auga Equipa de intervención cultural
Pulso D'Auga