Unha fórmula ca que nos sentimos especialmente a gusto no ámbito da experimentación é a da alteración dos límites que separan as diferentes categorías e tipoloxías cas que habitualmente clasificamos os obxectos. Xogando a que un mesmo obxecto poida ser referido de varias formas, segundo se atendemos á función, ás técnicas coas que está producido, aos materiais, ou a calquera outro código formal.
Neste caso estivemos enredando cos marcos que separan conceptos como: roupa d’augas, invernadoiro, saco, xardineira… obtendo como resultado un híbrido que pode ser chamado de calquera destas maneiras.
Para o desenvolvemento deste proxecto contamos con Adriana Barreiro, unha xa habitual colaboradora que provén do mundo do deseño téxtil e de complementos, e que neste traballo resultou unha peza clave na materialización do concepto.
Pecha-Pucha Xardineira
Cenlitros

Adriana Barreiro Angueira
Deseñadora téxtil e de complementos
A curiosidade lévame a querer experimentar e coñecer todo o relacionado co mundo do deseño de moda, e se iso conleva un estudio de formas e de patronaxe pasa a converterse para min nun xogo apaixonante donde nace a necesidade de refrescarse para crear deseños competitivos e actuais.
Un xogo no cal poder transformar unha tea ou un anaco de plástico nunha excusa para mandar una mensaxe ao público, unha nova forma de transmitir emocións.
O máis enriquecedor de todo é poder participar na evolución do proxecto e ver como unha idea pasa a ser un bosquexo, o bosquexo un patrón e o patrón unha peza de roupa. Buscar o material, estudalo, darlle forma e adaptalo a esa idea en mente para como neste caso poder obter un pequeno detalle, pero especial.
Colaboracións como esta fanme ver que a moda pode abarcar tantos ámbitos que ata unha planta pode ter o seu propio traxe.
Ficha técnica
- Título Pecha-Pucha
- Título descritivo Deseño de xardineira para regalo corporativo
- Data Decembro 2014
- Promotor Cenlitrosmetrocadrado
- Concepto Cenlitrosmetrocadrado
- Patronaxe e produción Adriana Barreiro
- Fotografía Nacho Santás