Óscar Penedo é un mozo que maila curta traxectoria profesional como carpinteiro que acumula, comeza a facerse un oco entre os profesionais do gremio na Comarca do Sar.
Á hora de crear unha marca que lle dera nome no ámbito profesional caemos na conta de que valores persoais como: ilusión, dedicación, humildade… son fundamentais á hora de afrontar un reto profesional deste tipo, e sobre todo de establecer un vínculo duradeiro co cliente. Por iso eliximos o nome persoal como marca seguida dun subtítulo composto polo oficio precedido polo artigo, por ser esta unha fórmula habitual no eido oral e polo tanto que transmite proximidade.
A solución gráfica xoga co símbolo tipográfico da coma como referencia ás virutas de madeira, incluíndoas en tres caracteres do nome. Nas aplicacións de marca extrapolamos a técnica do gravado en quente habitual en ebanistería ás tarxetas de visita a fin de acentuar o valor artesanal do seu traballo.
Óscar o carpinteiro Imaxe gráfica
Óscar Penedo