A solución intenta evocar a linguaxe formal das marcas do primeiro terzo do século XX, por ser este o período máis prolífico da tradición musical galega. Nel prodúcese unha grande eclosión das diferentes manifestacións culturais e ten lugar o nacemento dun forte sentimento de reivindicación da cultura tradicional.
O carácter xeométrico e a simetría son recursos que aportan orde, equilibrio e personalidade á composición. No centro da construción tipográfica situase o -B- na que se integra unha dobre frecha, converténdose nun elemento singular e representativo de marca.