A marca de prefabricados de formigón Rodiñas encóntrase na actualidade inmersa nun proceso de crecemento e diversificación da súa actividade produtiva e comercial. Unha das vías que decide explorar é o desenvolvemento e produción dunha liña de equipamento urbano. A primeira peza que lanza ao mercado é un sistema modular de elementos de asento/descanso producidos integramente en formigón.
A solución preséntase como un sistema flexible e adaptable tanto en tamaño, distribución e cor, proporcionando unha grande capacidade de integración nos diferentes contextos de instalación así como unha ampla diversidade morfolóxica e formas de uso. A compoñente modular confírelle a capacidade de crecemento e combinatoria a partir de dúas únicas pezas, producidas cun único molde, o que supón unha considerable redución do investimento inicial necesario.
OCO Equipamento urbano
Rodiñas