No ano 2011 o Concello de Noia inicia a renovación do mobiliario urbano do casco histórico a través dun proxecto de mellora dos espazos de uso público e dinamización do comercio local denominado ‘Noia Intramuros’. Deciden apostar por solucións non comerciais, producidas de forma semi-artesanal por profesionais das proximidades, coa fin de contribuír á dinamización da economía local e minimizar o custe medioambiental derivado da fabricación e transporte.
O condicionante principal para desenvolver estas pezas, deriva das reducidas dimensións do espazo público do casco histórico formado principalmente por rúas e calexas estreitas. Tendo en conta esta consideración concíbese un mobiliario onde a dimensión perpendicular ó sentido da rúa redúcese ao mínimo, resultando unhas proporcións alongadas características.
Noia Intramuros II Papeleira e xardiñeira
Concello de Noia
Ficha técnica
- Título Noia Intramuros II
- Título descritivo Deseño e desenvolvemento de papeleira e xardiñeira para o casco histórico de Noia (A Coruña)
- Data Xullo 2013
- Promotor Concello de Noia
- Localización Casco histórico. Noia (A Coruña)
- Deseño e desenvolvemento para a produción Cenlitrosmetrocadrado
- Produción de papeleiras Esacero
- Produción de xardiñeiras Aluminios Campos
- Fotografía Javier Iglesias
- Mencións Designboom