No ano 2011 o Concello de Noia inicia a renovación do mobiliario urbano do casco histórico a través dun proxecto de mellora dos espazos de uso público e dinamización do comercio local denominado Noia Intramuros. Deciden apostar por solucións non comerciais, producidas de forma semi-artesanal por profesionais das proximidades, coa fin de contribuír á dinamización da economía local e minimizar o custe medioambiental derivado da fabricación e transporte.
Concíbese un sistema flexible de bancos de unha, dúas e tres prazas, capaz de adaptarse á diversidade de espazos que se van xerando no caprichoso trazado urbano de época medieval. A integración das pezas no contexto procúrase a través dunha serie de recursos como a marcada horizontalidade nas proporcións, o aspecto inacabado que lle confire a asimetría ou a selección de materiais que nos axudan a establecer unha relación directa coas edificacións existentes.
Noia Intramuros I Banco
Concello de Noia
Ficha técnica
- Título Noia Intramuros
- Título descritivo Deseño e desenvolvemento de banco para o casco histórico de Noia (A Coruña)
- Data Xullo 2013
- Promotor Concello de Noia
- Localización Casco histórico. Noia (A Coruña)
- Deseño e desenvolvemento para a produción Cenlitrosmetrocadrado
- Manufactura de granito Sograni
- Carpintaría Carpintería Quiroga
- Gravado láser Nudima de madera
- Fotografía Javier Iglesias
- Produción e realización do vídeo dodemo.es
- Mencións Designboom Trendhal eFurnitur kreatywna