Para a súa nova tenda en Santiago -a terceira de Moksín e a primeira fóra de A Estrada- Fran, Tino e Ángeles tiñan moi claro o que querían: un espazo versátil e mutable onde poder expoñer un produto de calidade e que á vez permitise acoller actividades máis alá das propias dunha zapatería; un ambiente pensado para un público contemporáneo e elegante pero tamén desenfadado.
A idea de espazo ocupado, de pop-up store, é a que articula toda a intervención. Deixamos a parte inmoble totalmente diáfana, coa sensación de material en bruto de obra e con tonos escuros que potencian o efecto túnel que ten o local.
O mobiliario e a iluminación son os que resolven a ambientación e a articulación do espazo. O eixo lonxitudinal do local é seguido por todo o mobiliario. Os andeis lévanse ás paredes para que a súa altura non interfira na percepción xeral do local, e déixanse no centro dúas grandes mesas de cabaletes que soportan case todo o peso visual do ambiente. Nese mesmo eixo central descolgan varias lámpadas con pantallas realizadas en formigón, que reflicten ese equilibrio entre a calidez e o material en bruto que domina toda a intervención.
Moksín Zapatería
Moksín Zapaterías

Fran Barreiro Torrado
Moksín Zapaterías
Moksín é unha pequena empresa familiar galega adicada ao sector da moda, en concreto ao dos zapatos. De xeito directo entende que os zapatos están ligados á moda e ao deseño, pero por extensión, ao igual que a moda e o deseño, están ligados e afectados ao mundo da estética expresado en calquera das súas formas. É por isto que non buscábamos unha tenda senon un espazo flexible e de integración no que o protagonista principal foran os zapatos pero no que calquera outro tipo de expresión estética puidera ter cabida. O propio deseño da tenda debía ser un exemplo da filosofía e valores da marca.
Ficha técnica
- Título Moksín
- Título descritivo Acondicionamento de local para zapatería
- Data Febreiro 2014
- Promotor Moksín Zapaterías
- Localización Santiago de Compostela (A Coruña)
- Deseño xeral, desenvolvemento de mobiliario e supervisión de obra Cenlitrosmetrocadrado
- Albanelería Escayolas Isaac
- Revestimento de chan e paredes Pavinor
- Pintura do local Colorfer
- Estruturas metálicas Talleres El Cubano
- Lacado de estruturas Gareplasa
- Carpintaría e lacado de mobiliario Carpintería Óscar Penedo
- Pantallas das lámpadas Fernando Mourón
- Tapizados Tapicerías Brey
- Fotografía Javier Iglesias e cenlitrosmetrocadrado