Cando pensamos nunha cadeira de madeira maciza con repousabrazos as referencias que de entrada nos veñen a todos á cabeza son pezas de certa robustez e de aparencia recia e pesada. A partires desta imaxe mental establecemos como principal obxectivo alixeirar ao máximo a estrutura sen comprometer a súa resistencia, prestando especial atención aos sempre delicados puntos de unión. Outra obriga que debíamos cumprir era a de poder ser producida mediante técnicas de fabricación de baixa tecnoloxía, co obxectivo de que puidera ser fabricada en calquera pequena carpintaría.
Minia está producida a partires de pezas planas de espesor constante que se van orientando en cada punto na dirección dos esforzos. Esta fórmula permítenos conxugar as mellores condicións de resistencia e a lixeireza derivada da redución do material. Neste sentido a madeira de cedro pola súa estabilidade e baixa densidade contribúe a acentuar estas cualidades.
As superficies de asento e respaldo compóñense de un taboleiro contrachapado curvado acolchado e recuberto por un téxtil. Ámbolos dous son independentes da estrutura para poder ofrecer distintos acabados.
Minia Cadeira
Exposición "Da árbore á cadeira"
Ficha técnica
- Título Minia
- Título descritivo Deseño e desenvolvemento de cadeira
- Data Marzo 2017
- Promotor Exposición “Da árbore á cadeira”
- Deseño e desenvolvemento Cenlitrosmetrocadrado e Alfonso Salgado
- Carpintaría Óscar o carpinteiro
- Tapizado Barona
- Fotografía Roi Alonso
- Autoría vídeo Pablo Soto Goluboff
- Propiedade vídeo Fondos pertencentes a Gaiás Cidade da Cultura de Galicia.
- Agradecementos Gonzalo Otero