No transcurso da actividade dunha Oficina de Rehabilitación como é a do Casco histórico de Noia, vaise arquivando unha gran cantidade de documentación relativa aos expedientes de todo o catálogo de bens patrimoniais inventariados. Na maioría dos casos, é unha información que adormece nos arquivos e non chega a publicarse por considerarse que carece de interese máis alá do eido técnico.
Coa intención de facer chegar estes contidos tanto á xente da vila como aos viaxeiros que poidan visitala, a Concellaría de Patrimonio e Casco histórico decide publicar esta coleccións de cadernos monográficos de peto, referidos tanto a bens patrimoniais materiais como inmateriais.
No que á gráfica se refire, un dos propósitos de inicio era intervir nun ámbito como o patrimonial dende unha óptica contemporanea, evitando evocacións a linguaxes doutros tempos. É por iso que propuxemos un estilo gráfico sobrio, con ilustracións a partires de símbolos tipográficos sobre unha masa de cor, capaz de adaptarse á diversidade de motivos á vez que recoñecible.
Memoria viva de Noia Cadernos divulgativos de peto
Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Noia
Ficha técnica
- Título Memoria viva de Noia
- Título descritivo Deseño e maquetación de cadernos divulgativos da Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Noia
- Data Maio 2015
- Edita Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Noia
- Textos Ana Filgueiras Rei
- Tradución Celia Recarey Rendo
- Deseño e maquetación Cenlitrosmetrocadrado
- Tipografía Isaac Sans. Mais Types
- Impresión Gráficas Sementeira
- Fotografía Cenlitrosmetrocadrado