Para as tempadas de inverno, Iago e Marcos decidiron converter o chiringuito de praia nunha casa de xantares, cun modelo moi próximo ao da taberna coa que comezaron na praza de abastos de Santiago de Compostela. O esquema é sinxelo: un único pase para un grupo reducido, un servizo moi próximo e unha sobremesa que se poida estender canto se queira.
A actuación no local incide sobre dous ámbitos principais: potenciar a experiencia na cociña-comedor e converter o comedor do verán nunha sala de estar na que poder alongar as sobremesas. Para a cociña desenvolvemos unha gran mesa continua que nos recorda as casas de xantar nas que a comida era servida ao pé da cociña de ferro. Na sala, uns sofás modulares permiten configurar o espazo e os propios asentos en función dos grupos que conformen os comensais, mentres que as lámpadas aportan unha iluminación máis baixa e próxima que a ambiental, creando atmosferas máis cálidas que complementan o lume da lareira. Na entrada da sala, un moble de servizo desdobra a súa función como separador da zona de cociña e como moble-bar, función que permanece oculta aos invitados ata o momento en que se remanga a lycra que o cubre.
Loxe Mareiro d’inverno Casa de xantares
Abastos 2.0
Ficha técnica
- Título Loxe Mareiro d’inverno
- Título descritivo Acondicionamento de local de hostalería para tempada de inverno
- Data Novembro 2013
- Promotor Abastos 2.0
- Localización Carril. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
- Deseño e desenvolvemento de mobiliario e iluminación Cenlitrosmetrocadrado
- Mobiliario Carpintería Óscar Penedo
- Confección de bandas de lycra Adriana Barreiro
- Fotografía Javier Iglesias