AFFIX é unha promotora inmobiliaria afincada en Madrid que promove a construción de vivendas de perfil medio alto cunha clara orientación a ofrecer valor engadido ao cliente como unha vía estratéxica de diferenciación no mercado inmobiliario.
As Hadas de Villaviciosa é unha promoción residencial situada no municipio de Villaviciosa de Odón (Madrid). O concepto está orientado a crear un espazo de atención comercial a pé de obra capaz de transmitir os valores de exclusividade e diferenciación aos que a marca quere asociarse. Con este obxectivo proponse un contedor prefabricado de formigón e vidro que xenera un espazo continuo que se vai especializando en cada punto a través de pezas de mobiliario concevidas a medida. A secuencia integra un espacio de recepción cun carácter próximo que convida á conversación e un segundo de reunión que se apoia nun armario que serve de divisor central e aloxa mostras de materiais e solucións construtivas aplicadas na promoción
Os elementos físicos compleméntanse cunha experiencia virtual a través dunha Applicación móbil de Realidade Aumentada. Unha fórmula que permite ao cliente tomar contacto coa proposta residencial de forma interactiva alén da propia oficina.