Con motivo da presentación na Fundación DIDAC de Exenta_equipamento para creadores, deseñamos unha instalación que tiña por obxectivo poñer de manifesto unha serie de conceptos base sobre os que se apoia o conxunto de pezas de mobiliario. Un fío electrificado percorre o perímetro da sala impedindo achegarse aos muros, facendo fincapé deste xeito na condición autónoma das pezas que lle permite ocupar o espazo con total liberdade. Sobre este fío, dispúxose un tendal de láminas a modo de catálogo fragmentado da mostra, buscando unha mistura de códigos e sensacións espaciais, entre a proximidade do doméstico e o caos dun espazo creativo.
Exenta Instalación
Fundación DIDAC