colaborador

Marcos Dopico Castro

Deseñador

A creación dunha tipografía personalizada converteuse nos últimos anos nun novo elemento clave en canto á xeración de identidade, ofrecendo un maior grao de identificación e un programa máis unitario. A familia Cen Sans creouse como un dos elementos centrais na identidade do estudio Cenlitrosmetrocadrado. Pretende reflectir os valores e ideas que manexan os proxectos do estudio, e converterse nun elemento de comunicación coherente. Cen Sans é unha tipografía Lineal neo-humanística de baixo contraste e cun deseño lixeiramente expandido. Como característica salientable destacan os viseis en algunhas diagonais de determinados caracteres. O seu obxectivo foi crear unha tipografía versátil para ser usada nesta identidade corporativa, que permitira artellar un programa gráfico completo en todos os seus soportes (publicacións, sinaléticas, web, audiovisuais…). Posúe 3 variantes: Light, Regular, Bold e as súas correspondentes itálicas. Os seus formatos son o Opentype para formatos de impresión e o Webfont para a web. Xunto coa tipografía para textos creouse unha versión condensada para o seu uso no logotipo. Cun trazo máis humanista posúe un carácter máis orgánico co obxectivo de imprimir unha maior personalidade.

corporativa100l006corporativa100l002corporativa100l003 corporativa100l004corporativa100l005folla_corporativas_01folla_corporativas_02folla_corporativas_03

Ficha técnica

  • Título Cenlitrosmetrocadrado
  • Título descritivo Actualización de imaxe corporativa do estudio
  • Data Marzo 2014
  • Promotor Cenlitrosmetrocadrado
  • Actualización de símbolo Cenlitrosmetrocadrado
  • Tipografía corporativa Cen Sans, de Marcos Dopico
  • Adaptación de tipografía corporativa para logotipo Marcos Dopico
  • Papelería corporativa Cenlitrosmetrocadrado
  • Fotografía Cenlitrosmetrocadrado