Iena é unha peza de mobiliario infantil que pretende mesturar en proporción semellante as compoñentes funcional e lúdica, a través de formas primarias de fácil produción que no seu conxunto xeran unha linguaxe suxerente e aberta á interpretación.
Conxuga as funcións de asento e mesa dun xeito sinxelo e divertido permitindo sentar e cabalgar de diferentes maneiras, o que contribúe a crear unha relación entre neno e moble máis afectiva.
Iena Mobiliario infantil
Ricardo Tubío
Ficha técnica
- Título Iena
- Título descritivo Deseño e desenvolvemento de moble infantil
- Data Febreiro 2013
- Promotor Ricardo Tubío
- Deseño e desenvolvemento Cenlitrosmetrocadrado
- Produción Carpintería Óscar Penedo
- Fotografía Cenlitrosmetrocadrado
- Mencións GaliciaDS