Certo que estamos a falar da Casa do Rei, mais non da casa real, pois estamos a referirnos á Casa do Rei do Piñeiro, parroquia de Buxán-Rois.
O encargo ten a súa orixe na necesidade de conxugar con harmonía un lavalouza coas funcións auxiliares na cociña dunha vivenda de feitura tradicional, cunha personalidade moi marcada tanto polos materiais como polas solucións formais e construtivas de seu.
No eido funcional, decidimos dividir o moble en dúas partes -por unha cuestión manexabilidade para construílo e instalalo- e colocar as diferentes funcións que comprende atendendo á orde na que se levan a cabo. Deste xeito a secuencia consta dun pequeno vertedeiro auxiliar, o lavalouzas e logo un contedor de almacenaxe de louza e demais útiles habituais en calquera cociña.
Formalmente defínese pola ausencia de concesións formais gratuítas, tentando acentuar as cualidades expresivas dos materiais e a da rigorosidade construtiva coa que o carpinteiro executou o traballo. O moble está feito na súa totalidade en madeira maciza de castiñeiro, acabada con lasur mate incoloro con base de auga e mármore branco Macael.
Hucha do Rei Moble de cociña
Casa do Rei
Ficha técnica
- Título Hucha do Rei
- Título descritivo Deseño e desenvolvemento de moble multifuncional de cociña
- Data Decembro 2011
- Promotor Casa do Rei
- Deseño e desenvolvemento Cenlitrosmetrocadrado
- Carpintaría Carpintaría Gestoso
- Fregadeiro Mármoles Orosa
- Fotografía Daniel Piñeiro
- Agradecementos Eva Ferreiro
- Mencións Del tirador a la ciudad. El País