Un refuxio é un lugar de protección fronte á adversidade, esta pode provir de factores externos coma os meteorolóxicos ou bélicos, ou ben de circunstancias cotiás que paulatinamente nos conducen á busca dun ambiente de seguridade. Factores sociais e económicos coma a diminución dos membros do núcleo familiar, a perda de poder adquisitivo, a mobilidade laboral… están a condicionar a evolución do espazo doméstico no sentido dunha certa tendencia á miniaturización. Cando o equipamento dunha vivenda se reduce ao mínimo indispensable resulta común a todos, con independencia da orixe da adversidade, cultura ou marco temporal, a condición humana imponse e iguálanos.
Global Refuge reflexiona dende unha óptica contemporánea sobre a esencia do espazo doméstico e das necesidades humanas máis básicas, propoñendo unha solución de equipamento onde as estancias que compoñen unha vivenda tradicional están reducidas a unha sinxela peza de mobiliario. A presenza do lume como elemento central ordena toda a composición e xunto coa auga buscan recuperar sensacións primixenias configurando unha atmósfera íntima e rica no plano multisensorial. A neutralidade coa que se formalizan as pezas ten por obxectivo facer extensible a solución a calquera persoa con independencia da súa cultura, e permitir a súa personalización.
Este proxecto sirve como soporte de presentación do novo TrendBook 2018-19 de Finsa en Casa Decor Madrid 2017, onde os acabados que integran este caderno de tendencias aplícanse sobre o espazo e as pezas de mobiliario fabricadas en paneles de fibra MDF mediante vídeo mapping a modo de peles intercambiables.
Global Refuge Espazo conceptual
Finsa | Casa Decor Madrid 2017
Ficha técnica
- Título Global Refuge
- Título descritivo Deseño e desenvolvemento de espazo conceptual para a presentación do Trend Book 2018-19 en Casa Decor Madrid 2017
- Data Maio 2016
- Promotor Finsa
- Deseño e desenvolvemento Cenlitrosmetrocadrado
- Carpintaría de madeira e montaxe Óscar o carpinteiro
- Carpintaría metálica Pérez Taboada
- Artesanía Téxtil María de Nilo
- Fotografía Casa Decor
- Video maping Marta Verde