O pasado 26 de abril Finsa presentou na Central de Diseño do Matadero Madrid a Gama Dúo 2016-2018, baixo o obxectivo de reorganizar dunha forma máis sinxela e flexible a extensa colección de melaninas e acabados que conforman o seu catálogo. O evento pretendía ser un punto de encontro para profesionais, propoñendo a maiores da función expositiva a posta en escena dunha serie de valores de marca que representan a súa particular cultura empresarial.
A montaxe nace cunha lóxica transversal ao conxunto de accións que se van sucedendo no tempo dentro do mesmo espazo, agrupando necesidades e propoñendo solución comúns, co obxectivo de optimizar o espazo dispoñible. No plano máis plástico e expresivo a solución apoiase en conceptos e valores que se tiveron en conta no desenvolvemento da propia gama, buscando reforzar aquelas cualidades que definen o produto en particular e a marca en xeral.
Gama Dúo 2016 Espazo expositivo
Finsa
Ficha técnica
- Título Gama Dúo 2016
- Título descritivo Deseño e desenvolvemento de espazo expositivo para presentación de novos produtos
- Data Abril 2016
- Promotor Finsa
- Deseño e desenvolvemento Cenlitrosmetrocadrado
- Carpintaría de madeira e montaxe Óscar o carpinteiro
- Carpintaría metálica e montaxe Costa Metalcraft
- Rotulación Axeitos & Co
- Fotografía Finsa, Cenlitrosmetrocadrado