Entre as rúas Galeras e Entrerríos de Compostela, na parcela do antigo Hospital Xeral érguese o edificio da cooperativa de vivendas que toma o nome destas dúas rúas e que foi promovido polo Grupo Arial. A redacción do proxecto foi cousa do estudio de arquitectura compostelán Carbajo e Barrios quen nos convidaron a participar co deseño da sinaléctica do edificio.
Á hora de propoñer un concepto gráfico que establecera unha relación ca edificación tomamos como referencia o xogo de dobre pel que incorpora o sistema de fachada. Unha celosía de columnas verticais de pedra de ritmo irregular filtra a visión cara o interior sobre unha segunda capa arremetida de vidro. Esta visión interrompida pola secuencia de elementos verticais supuxo o eixo de traballo en cada unha das aplicacións e materiais que fomos manexando.
Galeras-Entrerríos Sinaléctica
Carbajo y Barrios Arquitectos Asociados
Ficha técnica
- Título Galeras-Entrerríos
- Título descritivo Deseño de sinaléctica para cooperativa de vivendas Galeras-Entrerríos da promotora Arial
- Data Decembro 2014
- Promotor Carbajo y Barrios Arquitectos Asociados
- Localización Galeras-Entrerríos. Santiago de Compostela (A Coruña)
- Deseño de sinaléctica Cenlitrosmetrocadrado
- Tipografía Isaac Sans. Mais Types
- Compoñentes de madeira Nudima
- Rotulación Axeitos & co
- Fotografía Héctor Sántos Díez (primeira foto) e Cenlitrosmetrocadrado