O Festival Follow é unha iniciativa que ten lugar na cidade da Coruña cada ano e nace co obxectivo de visibilizar mediante unha serie de accións o deseño feito en Galicia e o colectivo de deseñadores.
Un dos contidos da primeira edición foi unha exposición na rúa denominada -Showcase- onde se expuxeron traballos de deseñadores galegos emerxentes.
O sistema expositivo está composto por unha secuencia de taboleiros que se van encastrando entre si en forma de -X-. Para evitar movementos e deformacións unha corda vai percorrendo tódalas esquinas ata conseguir que tódolos esforzos resultantes se contrapoñan e o conxunto resulte en equilibrio.
O resultado é un sistema expositivo moi sinxelo e económico de producir así como rápido de montar, dado que non necesita de ningunha estrutura auxiliar de soporte nin elementos mecánicos de unión.
Follow20 Sistema expositivo
Follow