Desde que RPF nos pediu que lle deseñásemos un banco para a súa liña de mobiliario urbano sempre tivemos en mente dúas ideas: que tivese unha estética atemporal que lle permitise encaixar en calquera entorno e que tivese á vez unha chispa que o diferenciase do resto dos bancos.
Fendo resolve estas dúas premisas adoptando e actualizando a linguaxe formal dos bancos clásicos, coidando especialmente a ergonomía. O factor diferenciador ven dado polo quebro, co que xera un espazo que favorece a relación entre os usuarios, reforzando a función social que se lle supón ao espazo público. Ademais da versión quebrada, a liña complétase coas versións recta e butaca.