A industria da curtume de peles e a fabricación de produtos derivados foron en tempos unha das principais actividades socioeconómicas da Vila de Noia, chegando a contar con máis de trinta fábricas de curtidos e cun importante gremio de zapateiros e albardeiros.
Situada no barrio da Chaínza, a antiga Fábrica de Curtidos dos Cadarso é unha testemuña en pé daquela época dourada que hoxe fica esquecida. A intervención sobre o complexo persegue recuperar as antigas edificacións tanto de vivenda como de actividades industriais, así como os espazos exteriores, para unha fin museística e cultural.
O símbolo gráfico que representa o complexo recupera unha antiga ilustración das instalacións da fábrica de curtidos, que mediante un proceso de síntese na representación busca establecer un diálogo entre dous tempos. A orientación ascendente da construción tipográfica, así como as ligaduras entre caracteres, tentan recuperar a referencia da sinatura manuscrita como orixe da marca comercial.
Fábricas da Chaynça Imaxe gráfica
Concello de Noia