Cenlitros_13_Rosas

Presentación

    Cenlitrosmetrocadrado é un estudo de deseño e comunicación composto por Ricardo Tubío e Xabier Rilo, deseñadores, e por Javier Aliste, márketing e comunicación.

    Constitúese coa intención de ofrecer un deseño de clara orientación humanista, que vaia máis aló da simple función práctica e que aborde tamén funcións de carácter emocional e social. Cunha identidade de marcado carácter atlántico desenvolve proxectos que van desde o deseño de produto, a gráfica ou a embalaxe ata o deseño de espazos permanentes ou efémeros.

    Ao longo da súa traxectoria o estudo tivo a oportunidade de desenvolver múltiples proxectos que analizan e reflexionan sobre as diversas circunstancias e problemáticas que rodean os ámbitos creativos, técnicos ou socioculturais.

    Á marxe dos encargos, o estudo desenvolve proxectos por iniciativa propia dentro dunha liña de investigación interna baixo a denominación I+D+ Cen. Estas experiencias están encamiñadas a reflexionar sobre diversos factores como poden ser: usos, códigos formais, novos contextos, materiais, técnicas produtivas… co fin de propoñer novos conceptos ou revisar os xa existentes.

Premios e recoñecementos

  • Acción DAG.
    Selección, DAG Asociación Galega de Deseñadores
  • Anuario Creatividade Galega 08/09/10/11.
    Selección, Creatividade Galega Anuario.
  • Select I Graphic Design from Spain
    Selección, Editorial Index Book. 2010
  • Premios Laus do Deseño Gráfico e a Comunicación Visual. ADG-FAD Barcelona
    Premio Laus de Plata 2016
  • Premios de comunicación e marketing de Galicia.
    Mellor deseño industrial 2016
  • CasaDecor Madrid 2017
    Selección Premio ao Mellor Deseño Orixinal de CasaDecor
  • Premios de comunicación e marketing de Galicia.
    Mellor deseño industrial 2017
  • Premios de comunicación e marketing de Galicia.
    Mellor deseño industrial 2018
  • Bolia Design Awards 2019
    Terceiro posto
  • Dezeen Awards 2019
    Seleccionados na longlist de mellor mobiliario

Publicacións dixitais

  • Del tirador a la ciudad, Blog El País
  • Experimenta
  • Designboom
  • Magazine
  • Mocoloco
  • Frame
  • Magazine
  • Gessato
  • DiarioDesign
  • Veredes, Arquitectura, Deseño
  • Galicia Cool Magazine
  • Programas Miraxes e ZigZag (TVG)
  • Dis-up

Publicacións impresas

  • Experimenta Magazine Food Design Innovation. Pedro Feduchi- No67/68 Decembro 2014
  • El País Semanal Creatónomos, El boom de la autoproducción. Anatxu Zabalbeascoa. Maio 2016
  • Revista Albura, Miradas sobre a industria da madeira. Cluster da Madeira e do Deseño de Galicia. Decembro 2017
  • Dardo Magazine. Entrevista, No 32. Febreiro 2018
  • Experimenta Hábitat. Edición especial. Outubro 2018
  • O Deseño como motor da Innovación. Casos de éxito en Galicia. GAIN Axencia Gallega de Innovación. Xunta de Galicia. 2019

Cursos impartidos

  • Conferencia no ciclo -Información para o exercicio profesional da Arte-. Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Universidade de Vigo. Abril 2010
  • Conferencia no ciclo -A resaca de las letras-. Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Universidade de Vigo. Maio 2010
  • Participación -Pecha Kucha-. CdC Cidade da Cultura de Galicia. Febreiro 2012
  • Conferencia -100 Formas de entender a embalaxe-. RDI Arteixo, Escola de Organización Industrial EOI. Marzo 2015
  • Conferencia -Obxectos improvisados-. Encontro de deseñadoras e deseñadores galegos. Rianxo. Xullo 2015
  • Obradoiro -Mar de Mares-. Festival Mar de Mares. A Coruña. Setembro 2015
  • Conferencia/Obradoiro -Novos soportes para comida na rúa-. CIDEA Fundación Luis Seoane. A Coruña. Outubro 2015
  • Conferencia/Obradoiro -Novos conceptos de embalaxe-. EASD Mestre Mateo. Santiago. Novembro 2015
  • Participación no ciclo -Desordes Creativas-. Parque municipal de Ordes. Ordes. Outubro 2016
  • Participación no ciclo -Doce Miradas-. Galería Vilaseco. A Coruña. Novembro 2016
  • Conferencia no ciclo -Emprendedores a Escena-. Matadoiro Compostela. Santiago de Compostela. Decembro 2016
  • Conferencia -Obxecto omnipresente-. XIV Diálogos 2017. EASD Valencia. Xaneiro 2017
  • Conferencia -Limitacións e oportunidades no entorno do Deseño-. Xornadas académicas da Cidade da Cultura de Galicia no marco da exposición -Da árbore á cadeira-. Xuño 2017
  • Conferencia -Pensamento glocal en Deseño. XIX Xornadas de Arquitectura e Diseño do Cluster da Madeira e do Deseño de Galicia. Setembro 2017
  • Conferencia/Obradoiro -Novos conceptos de soportes gastronómicos-. Fábrica de Cerámica de Sargadelos. Cervo, Lugo. Novembro 2017
  • Conferencia -Deseño, unha cuestión de orde-. EASD Antonio Failde. Ourense. Abril 2018
  • Conferencia/Obradoiro -Espazo experiencia-. EASD Ramón Falcón. Lugo. Abril 2018

Exposiciones

  • Tapas. Spanish Design for Food.
    Exposición itinerante AC/E. Acción Cultural Española. 2014
  • Arte, artesanía, deseño e sustentabilidade en Galicia no século XXI.
    Centro Torrente Ballester. 2016
  • Museu del Disseny de Barcelona.
    Selección da vaixela Ferrádica para o catálogo permanente do museo. 2018
  • Casa Decor
    Global Refuge. 2017
  • DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas.
    Exposición individual do Sistema de Mobiliario Exenta. 2018
  • Cuarto Pexigo.
    Exposición individual do Sistema de Mobiliario Exenta. 2018
  • Exposición Da árbore á cadeira.
    Gaiás, Cidade da Cultura.
    Cadeira Minia. 2018
  • Conexión by Finsa.
    Barcelona Design Hub.
    Cadeira Minia. 2018
  • Deseño como motor da Innovación.
    Ferrol.
    Exposición do sistema de mobiliario Exenta. 2018
  • Exposición Formas do Deseño. Galicia XXI.
    Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela.
    Exposición do sistema de mobiliario Exenta. 2019
  • Exposición Oporto Biennale Design.
    Espacio Work On Wood.
    Cadeira Minia. 2019

Colofón