Os espazos Candelas dispoñen dun sinxelo mobiliario auxiliar que permite compartir con outras persoas o momento café e convertelo nunha experiencia relacional. Un xesto espontáneo dirixido a potenciar de xeito informal a relación que se propicia arredor dese instante. As pezas están producidas a partir da reciclaxe de sacos de café con algún elemento auxiliar como a bandexa de apoio ou os cintos de coiro que aseguran a integridade estrutural e favorecen a súa mobilidade.
Espazos Candelas Mobiliario auxiliar
Cafés Candelas