O café é moito máis que un produto: é un ritual. O momento do café converteuse nos últimos tempos nun instante con carácter propio ligado a un espazo no que desfrutar da esencia dunha bebida que expresa a súa intensidade a tódolos sentidos. O obxectivo principal dos espazos Candelas é ofrecer un punto de consumo de produto “on the go” para cubrir unha necesidade crecente no mercado e ofrecer máis valor aos clientes. Unha experiencia de marca arredor dos valores de Candelas, adaptada aos novos espazos e hábitos dos consumidores. Un espazo recoñecible que contribúa a transmitir os valores e o posicionamento da marca Cafés Candelas, adaptable a diferentes entornos e creado dende a experiencia de usuario. Un formato social que convida a conversar para compartir e conectar cos demais ou desfrutar dos momentos individuais de desconexión e intimidade.
Espazos Candelas Punto de consumo de café
Cafés Candelas