A pesar de ser unha práctica cada vez menos común, moitos dos oficios artesáns son transmitidos aínda de pais a fillos. Este é o caso de Elena Ferro, terceira xeración da súa familia que herda o oficio da zocaría. Aínda que se ve máis como artesá do coiro que como zoqueira, o certo é que as pezas que están obtendo maior repercusión son os seus zocos, nos que introduce novos materiais e recursos estéticos.
Na imaxe corporativa do seu obradoiro -Eferro- quixemos reflectir ese aire desenfadado das súas pezas construíndo un logotipo de trazos moi orgánicos e cun certo pouso manuscrito. Coa cor reforzamos tamén eses rasgos de vitalidade e calidez tan presentes nos seus traballos.
No material corporativo fixemos fincapé na claridade e sinxeleza formal, como homenaxe á sinceridade construtiva dos zocos. Nel construímos sobre un esquema clásico, facendo unha única concesión ao ornamento nas liñas de puntos que enmarcan o subtítulo e que evocan as puntadas da agulla sobre o coiro.
Elena Ferro Imaxe gráfica
Elena Ferro