Relatar dunha forma sinxela e próxima todo o proceso, dende os primeiros trámites ate a ocupación das vivendas, ese é o obxectivo deste libro sobre o edificio de vivendas Galeras-Entrerríos, situado no solar do antigo Hospital Xeral de Galicia, no mesmo límite da cidade histórica de Compostela. Unha historia que vai xurdindo de numerosas conversas mantidas cos diferentes actores que participaron de forma algunha neste longo e meticuloso traxecto.
O libro organízase a través dunha viaxe que vai entrelazando os soños individuais de tódolos tripulantes en beneficio da consecución dun obxectivo común. No transcorrer desta travesía varias estacións intermedias van organizando os diferentes bloques temáticos de información que compoñen o relato, ofrecendo diferentes formas de lectura. O libro está rematado con unha camisa pregada que fai referencia á pel do edificio e reproduce a secuencia de elementos verticais que o caracterizan.
El trayecto de un anhelo Libro
Arial