Doartesanato é unha proposta hostaleira que nace en Outes a finais dos anos noventa, centrada no turismo rural e a organización de actividades deportivas e de ocio en espazos naturais da comarca de Noia-Muros.
Dende a súa creación o proxecto foi incorporando diferentes establecementos ate un punto no que deciden diversificar a súa oferta e incluír unha nova tipoloxía de aloxamentos rurais, como son as “Cabanas do barranco” ou as “Cabanas do bosque”. Outra das accións incluídas na estratexia de diversificación é a comercialización dunha liña de produtos precociñados e de conservas mariñas.
No eido da comunicación o crecemento do proxecto nunca estivo rexido baixo ningunha arquitectura de marca determinada, dando como resultado a creación de numerosas marcas heteroxéneas que non fixeron máis que contribuír a debilitar a marca orixe. Nesta nova etapa recuperan a denominación –Doartesanato- como marca matriz do grupo, co obxectivo de establecer unhas pautas comúns para o resto de submarcas e deste xeito aunar esforzos.
Doartesanato Marca e embalaxe
Doartesanato
Ficha técnica
- Título Doartesanato
- Título descritivo Actualización de imaxe corporativa para grupo de establecementos de turismo rural e desenvolvemento de embalaxe para produtos precociñados e de conservas mariñas
- Data Novembro 2014
- Promotor Doartesanato
- Deseño de imaxe corporativa Cenlitrosmetrocadrado
- Tipografía Isaac Sans. Mais Types
- Deseño e desenvolvemento de embalaxe Cenlitrosmetrocadrado
- Impresión de papelería Gráficas Lasa
- Impresión e troquelado de embalaxe Tórculo
- Fotografía Cenlitrosmetrocadrado