Un dos hábitos máis saudables da nosa sociedade é o das xuntanzas diante da casa coa familia, cos veciños ou calquera que queira arrimarse a participar de temas máis ou menos transcendentais. Estas xuntanzas facíanse nos chamados mazadoiros do liño -consistentes nunhas pedras alongadas colocadas diante da casa, que á súa vez fan de asento-. Co Disque propuxémonos promover esta costume nestes ámbitos nos cales se está deixando de facer.
No desenvolvemento do asento como obxecto traballamos coas ideas de que fose lixeiro, de baixo custo, de montaxe sinxela e que tivese a posibilidade de ser desmontable. Esta peza básica permite a cada persoa facelo con diversos materiais (polipropileno, cartón…) e darlle o acabado que desexe.
Disque… Asento
Cenlitros
Ficha técnica
- Título Disque…
- Título descritivo Deseño e desenvolvemento de asento personalizable de baixo custo para exteriores
- Data Septiembre 2007
- Promotor Cenlitrosmetrocadrado
- Prototipos Cenlitrosmetrocadrado
- Customización do Disque rapeiro Marcos Couso (Mutante Creativo)
- Fotografía Cenlitrosmetrocadrado e Adrián Freire