A firma galega Finsa adicada á fabricación de produtos derivados da madeira organiza de forma periódica unhas xornadas para profesionais da cultura do proxecto coa fin de reflexionar e debater sobre os constantes cambios que a sociedade experimenta, e a resposta que estes esixen desde os ámbitos da arquitectura e do deseño.
Unha das accións integradas no marco das xornadas é a presentación e exposición dos últimos produtos incorporados ao catálogo. Para esta fin propóñense catro ambientes expositivos referidos ás catro tendencias que estruturan o catálogo: Industrial & Raw, Hidden Luxury, Green Being e Vintage Attitude. Como eixo transversal que contribúe a construír un argumento expositivo trabállase coa idea de viaxar, facendo escala en oito grandes cidades referidas por pares a cada un dos catro ambientes-tendencia.
O concepto xeral expositivo baséase na representación de formas, sistemas construtivos, materiais, texturas ou cores representativas das cidades aludidas a través dun proceso de deconstrución no que se vai alterando a orde habitual dos elementos. Algunhas pezas de mobiliario e complementos axudan a contextualizar os ambientes á vez que contribúen a enfatizar os xiros e escordaduras provocados.
Destino Tendencias Espazo expositivo
Finsa
Ficha técnica
- Título Destino Tendencias
- Título descritivo Deseño e desenvolvemento de espazo expositivo para presentación de novos produtos
- Data Abril 2014
- Promotor Finsa
- Deseño e desenvolvemento Cenlitrosmetrocadrado
- Carpintaría de madeira e montaxe Carpintería Gestoso
- Carpintaría metálica e montaxe Talleres González
- Rotulación Rotulaciones Ageitos
- Selección de Atrezo Cenlitrosmetrocadrado
- Atrezo UnDo ReDo, Tokonoma Espacio, Elias Cueto (SEDES-IS), Idoia Cuesta, Cenlitrosmetrocadrado
- Fotografía Javier Iglesias