Nestes tempos que corren onde a oferta de produto é tan ampla e diversa, aflora unha crecente necesidade de selección e clasificación desa información, que nos libere a nós como consumidores de tal carga. Con esa vocación de asesoramento e selección de produtos gastronómicos de certa delicadeza e diferenciación nace Delectos. Unha labor de rastreo na procura de pequenas firmas que operan á marxe das grandes distribuidoras e áreas comerciais, e que polo seu tamaño e dedicación son quen de poñer todo o seu saber facer en cada un dos produtos que elaboran.
O nome xorde da mestura de diversos calificativos que definen esta tipoloxía de produtos, coa intención de construir fonéticamente un vocábulo novo sen significado de seu, de fácil lexibilidade e con capacidade de proxección.
Na construción tipográfica existía a necesidade de comunicar unha serie de valores de marca que se movían entre a tradición e un axeitado nivel de actualidade, polo que optamos por practicar modificacións dun xeito progresivo sobre unha tipografía clásica, coa fin de gañar en contemporaneidade e diferenciación. A marca complétase con dous parénteses colocados a nivel de superíndices que reforzan a idea de selección.
Delectos Imaxe corporativa
Delectos
Ficha técnica
- Título Delectos
- Título descritivo Desenvolvemento de imaxe gráfica para distribuidora de produtos gourmet
- Data Xaneiro 2011
- Promotor Delectos
- Deseño e desenvolvemento de imaxe gráfica Cenlitrosmetrocadrado
- Fotografía Cenlitrosmetrocadrado
- Mencións Acción DAG Anuario Creatividade Galega 11