No centro de Galicia, no concello de Agolada, hai un singular conxunto de arquitectura popular do século XVIII denominado Os Pendellos, un dos campos de feira mellor conservados de Galicia. Neste espazo celébrase o primeiro encontro da artesanía tradicional e popular de Galicia, un lugar de intercambio económico, social e cultural co mundo da artesanía.
Á parte dos pendellos, tamén se habilitaron uns postos de venda para produtos alimentarios, para os que se desenvolveu un sistema modular que nos permite dispoñer os postos agrupados e compartindo estrutura entre eles. Este sistema tamén é pregable, para facilitar as labores de transporte e almacenaxe.
Para a sinalética dos pendellos -onde se dispoñen os distintos oficios-, optouse por reforzar esta cualidade do temporal empregando elementos apoiados nas edificacións, evitando calquera tipo de anclaxe permanente.
Corazón da Artesanía Posto de feira e sinaléctica
Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño
Ficha técnica
- Título Corazón da Artesanía
- Título descritivo Deseño e desenvolvemento de postos de venta e sinalética para feira de artesanía
- Data Setembro 2012
- Promotor Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño
- Deseño de postos de venta e soportes para sinaléctica Cenlitrosmetrocadrado
- Imaxe gráfica e aplicacións Cenlitrosmetrocadrado
- Carpintaría de madeira Carpintería Óscar Penedo
- Cubertas de loneta Confecciones NV
- gravado láser Silvereira
- Rotulación Axeitos & Co.
- Fotografía Cenlitrosmetrocadrado
- Mencións Acción DAG GaliciaDS