Non é difícil observar unha clara disfuncionalidade na vida social das persoas. Ao xa case tradicional costume de distraerse ou evadirse a través do consumo acrítico e silencioso da televisión súmase nos últimos tempos unha paixón desaforada por relacionarse por medios ben máis virtuais que reais.
Centropía xurde dun exercicio interno, dunha exploración sobre a descontextualización dos obxectos cotiás. Sacamos a pía do galiñeiro e metémola na casa, invitando á xente a reunirse, comer e falar ao seu arredor facendo de centro físico dun acto social. A novidade de Centropía non está no obxecto, senón no contexto: cambiamos o ámbito de uso, cambiamos o contido e conservamos a función para a que foi creado. Pero o cambio de usuario fai que se engada esa nova función de socialización que estabamos buscando -despois de todo, o ser humano é un animal social-.
Centropía Dispensador de froitos secos
Cenlitros
Ficha técnica
- Título Centropía
- Título descritivo Dispensador de froitos secos
- Data Decembro 2008
- Promotor Cenlitrosmetrocadrado
- Gráfica aplicada Cenlitrosmetrocadrado e Adrián Freire
- Deseño e produción da caixa Cenlitrosmetrocadrado e Adrián Freire
- Vinilos de corte Rotulaciones Ageitos
- Fotografía Cenlitrosmetrocadrado e Adrián Freire