Quen de rapaz non ten levado a cabo un proceso secesionista na súa casa e constituído un novo estado na horta, no que un sempre aspiraba a ser o máximo dirixente da organización, ou cando menos ter un bo carghiño nela? Todo se centraba en artellar dunha forma rápida e económica unha fortaleza defensiva de difícil acceso, con posto de vixía e obrigado uso dunha contrasinal para acceder ao seu interior.
Ao fío desta práctica que dalgún xeito forma parte da condición humana e está presente en canta cultura hai, propoñemos un sinxelo sistema que permite construír e instalar un pequeno habitáculo de aproximadamente un metro cúbico de volume interior con pouco traballo e unha mínima inversión.
A solucións parte da idea de aproveitar o espazo interior dunha saca de rafia (Big-Bag) pendurada e estabilizada mediante catro tirantes espetados no chan. Todos os materiais empregados poden mercarse en calquera ferretería, de igual xeito, os procesos de transformación son de baixa tecnoloxía e poden ser resoltos de forma doméstica por un mesmo ou cunha pequena axuda dalguén mañoso coa serra e a agulla.
Quen queira reproducir esta solución na súa casa pode descargar as instruccións de fabricación e montaxe aquí mesmo, unicamente pedimos que nos envíen algunha foto do resultado.
Carriza Cabana infantil para colgar
Cenlitros
Ficha técnica
- Título Carriza
- Título descritivo Deseño e desenvolvemento de cabana infantil para colgar
- Data Xuño 2014
- Promotor Cenlitrosmetrocadrado
- Deseño e desenvolvemento Cenlitrosmetrocadrado
- Produción madeira Carpintería Óscar Penedo
- Confección téxtil Adriana Barreiro e Delia Manteiga
- Fotografía Cenlitrosmetrocadrado
- Mencións
Gessato
Experimenta