Carbajo Barrios é un estudio compostelán nacido fai máis xa de quince anos da man dos arquitectos Celso e Manolo, dando continuidade así a unha relación que xurdira anos atrás durante o período de formación na Escola de Arquitectura de A Coruña. Despois dunha traxectoria inicial onde os esforzos se centran en asentar aqueles valores que consideran claves no desenvolvemento da súa profesión, atisban un novo ciclo na identidade do estudio rexido pola experiencia que lle confire o traballo deixado atrás. Co obxectivo de expresar esa madurez que o estudio acumula deciden redeseñar a súa imaxe corporativa e toda a relación de soportes tanto gráficos como de pantalla dos que o estudio dispón.
A nova solución apoiase na tipografía como ferramenta máis importante para crear identidade e unificar todo o conxunto de aplicacións corporativas. A CB Sans é unha fonte sen remates deseñada pola fundición MaisTypes de Marcos Dopico, que toma referencias na sinalética arquitectónica popular de mediados do século XX en América, especialmente na cidade de Nova York. Este concepto de tipografía de proporcións lixeiramente estendidas comeza a ser habitual na segunda metade do século XX na representación de planos técnicos polo uso de plantillas de rotulación estandarizadas . A tipografía conta con un -A- en caixa alta particular, caracterizada pola elevación do pau horizontal. Este recurso debido á súa repetición contribúe a singularizar a construción da marca.
Carbajo Barrios Imaxe corporativa
Carbajo Barrios Arquitectos Asociados