A Capela de Ánimas de Santiago de Compostela garda no seu interior unha das pezas máis singulares do patrimonio histórico-artístico galego. Trátase dun conxunto de retablos realizados coa técnica de estuco de xeso a primeiros do S. XIX, que representan a paixón de Cristo. Co paso do tempo estes retablos fóronse estragando -o estuco é un material altamente hidrófilo-, polo que desde o Consorcio de Santiago decidiron afrontar a súa restauración. Para non entorpecer o día a día da Capela decidiuse cubrir os andamios sobre os que se restauran os retablos.
Para estas lonas traballamos coa idea de cubrir o que está representado detrás delas, para o que fotografamos pequenos crucifixos e relevos cunha tela tensada sobre eles. Definíronse en total tres lonas: a máis grande coa escena da crucifixión para o altar maior, e dúas máis pequenas con outras dúas escenas da paixón.
Capela das Ánimas Lonas de obra
Consorcio de Santiago