Doartesanato é unha firma galega de aloxamentos rurais que leva anos apostando por un concepto innovador de cabanas individuais de madeira elevadas sobre o chan situadas no medio de bosques autóctonos caducifolios. Unha verdadeira experiencia inmersiva na natureza, acentuada por unha arquitectura que se integra e mimetiza na organicidade e cromatismo vexetal.
A experiencia de uso complétase con outros xestos que aportan coherencia e confluencia co concepto xeral de multisensorialidade e sostibilidade medioambiental. Dentro deste obxectivo de dar resposta a necesidades cotiáns dun xeito alternativo enmárcase a presentación dos almorzos.
A embalaxe componse dunha caixa integramente de madeira de bidueiro acabada en cera natural de abella, sostida por unha correa de coiro natural de vacún. O peche da tapa efectúase mediante o axuste dunha peza en cuña, sen ningún tipo de ferraxe. No seu interior disponse unha retícula de trades sobre a base, nos que se enxertan cilindros de madeira que restrinxen o desprazamento dos diferentes produtos, evitando o seu deterioro. O sinxelo feito de recibir a caixa, abrila e ir sacando os diferentes elementos que se inclúen no seu interior, proporciona unha secuencia de sensacións sonoras, táctiles, olfactivas… que configuran unha experiencia alternativa e cunha personalidade propia.
Caixa Doartesanato Embalaxe para catering
Doartesanato