En palabras de Berrogüetto Kosmogonías é unha reflexión entre a humanidade e o universo, unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema de organización máis xusto. É esta idea o fío común de todo o disco, o pé no que se apoian os textos de Rosa Aneiros e Quico Comesaña, a videocreación que acompaña o disco e tamén o noso traballo.
No desenvolvemento gráfico asimilamos a mensaxe kosmogónica e deconstruímola, para despois aplicar cada un dos posibles enfoques nos diversos materiais que compoñen o disco. Así, creamos constelacións e símbolos que ilustran cada un dos sete berros, radiacións de fondo cósmicas que identifican á música cos seus creadores ou nebulosas ficticias que ilustran esta mensaxe común do disco.
O logotipo tamén foi obxecto dun exercicio de estilización que simplificou os seus trazos, a construción tipográfica de ‘Berrogüetto’ e ‘kosmogonías’ busca analoxías formais con este renovado logotipo. No libreto establecemos un xogo que busca a complicidade do lector: ademais da clásica estrutura lineal de lectura buscamos outros xeitos de ler e de ordenar, nos se que fan visibles mensaxes ocultas e relacións entre constelacións, berros e músicos.
Berrogüetto. Kosmogonías Disco
Berrogüetto
Ficha técnica
- Título Berrogüetto. Kosmogonías
- Título descritivo Redefinición de logotipo de Berrogüetto e imaxe gráfica e maquetación para disco
- Data Abril 2010
- Promotor Berrogüetto Produccións
- Redefinición de marca e logotipo Cenlitrosmetrocadrado
- Concepto gráfico xeral do disco Cenlitrosmetrocadrado e Quim Farinha
- Deseño, ilustración e maquetación do disco Cenlitrosmetrocadrado
- Fotografías do grupo Olaia Sendón e Eva Matarranz
- Edición do disco Berroguetto Música
- Impresión de carteis Litonor
- Fotografía Cenlitrosmetrocadrado
- Mencións Acción DAG Anuario Creatividade Galega 11