No transcurso das obras de mellora da Rúa Escultor Ferreiro no ano 2010, atopouse un tramo do antigo acueduto soterrado do S. XV, que abastecía de auga corrente as fontes do casco histórico de Noia. Esta infraestrutura hidráulica conducía a auga dende un manancial situado a 2,5Km. ata o centro da vila amurallada, a través de prismas de pedra furados e conectados entre si mediante un sinxelo sistema de macho-femia. Tralos traballos de escavación arqueolóxica, decídese sinalizar a traza orixinal en superficie e musealizar os restos recuperados nas proximidades do emprazamento orixinal.
O sistema de exposición consta duns cabaletes metálicos sobre os que se van dispoñendo as pezas conectadas entre si ata configurar un tramo representativo, intercalando dous prismas metálicos de similares dimensións nos que poder aloxar a información. Para a sinalización da traza orixinal en superficie optouse pola fixación na soleira dun texto composto por caracteres producidos a partir de chapa metálica, que pode ser lido dende o paso de peóns que discorre en paralelo.
Augalevada Musealización e sistema expositivo
Concello de Noia
Ficha técnica
- Título Augalevada
- Título descritivo Sinalización a traza do acueduto medieval soterrado da Vila de Noia e musealización dos restos
- Data Marzo 2013
- Promotor Concello de Noia
- Localización Rúa de Rodríguez Cadarso Concello de Noia (A Coruña)
- Deseño e desenvolvemento de sistema expositivo Cenlitrosmetrocadrado
- Redacción de textos e selección fotográfica Ana Filgueiras Rei
- Gráficos arqueolóxicos GESIT Arqueoloxía
- Iluminación ROT Iluminación
- Traballos de metal Talleres El Cubano
- Rotulación Rotulaciones Ageitos
- Fotografía Javier Iglesias