Con motivo dunha serie de cambios -nova directiva e nova sede-, a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia decidiu presentarse á sociedade cunha instalación no espazo de exposicións da nova sede. A idea-eixo desta instalación era que os arquitectos invitaban á sociedade á súa casa, actuando como símbolo da vontade de achegamento entre sociedade e arquitectos.
Para o desenvolvemento da imaxe gráfica traballamos con obxectos propios desa escenografía doméstica levados ao ámbito de actuación dos arquitectos. Desta maneira, convertimos o plano do casco vello nun tapete de ganchillo, concentrando nun único obxecto toda a polisemia que plantexa a instalación. Entre as aplicacións creadas destaca a tarxeta de visita, que serve tamén de packaging para unha chocolatina -complemento do café ao que se invita aos visitantes da instalación- reforzando os valores de amabilidade e hospitalidade.