Logo de dous locais xa consolidados o Grupo Amicalia decide apostar para este terceiro proxecto por un concepto de cociña vangardista, baseada na fusión entre o local e o global. Arallo Taberna situada na mesma Praza de María Pita da Coruña ademais dunha cociña de gran personalidade propón unha posta en escea alternativa, conxugando nun único espazo cociña e barra de degustación. O feito de comer fronte á cociña converte a esta nunha escenografía na que se van desenvolvendo todas as accións do persoal con total sinceridade e transparencia. Isto converte a visita nunha experiencia multisensorial onde tódolos sentidos toman parte de maneira algunha. A maiores, a barra que exerce de eixo central do local trasládase á fachada dándolle servizo dende o interior a través dunha liña de fiestras de guillotina.
Para a intervención no local tanto no plano construtivo como de equipamento tomamos referencias nos criterios da cociña para a selección e tratamento do produto. Ó emprego de materiais humildes con total transparencia e sinceridade convértese na pauta que vai relacionando tódolos elementos tanto construtivos como de mobiliario e iluminación.
Arallo Taberna gastronómica
Grupo Amicalia
Ficha técnica
- Título Arallo
- Título descritivo Acondicionamento de local para taberna
- Data Agosto 2016
- Promotor Grupo Amicalia
- Localización A Coruña
- Deseño xeral, desenvolvemento de mobiliario e supervisión de obra Cenlitrosmetrocadrado
- Obra Elecnor
- Taburetes Pérez Taboada
- Iluminación Alve Iluminación
- Fotografía Arallo e cenlitrosmetrocadrado