En Galicia sempre houbo unha relación moi directa entre os produtos do rural e os consumidores. Este modelo de compraventa directa está a vivir un novo pulo en forma de grupos de compra, ecocestas…
Un dos elementos centrais nas accións deste sistema son os contedores dos produtos. O habitual é empregar caixas de madeira (normalmente balsa), de cartón ou de plástico. Todas elas presentan varios inconvintes relacionados coa súa resistencia, co seu ciclo de vida ou coa enerxía necesaria para a súa produción e reciclaxe. Por todo isto desenvolvemos un contedor que atendese a aquelas eivas que observamos nas solucións actuais.
En Amelia repartimos as funcións entre as dúas partes que a conforman: a bolsa de loneta e a estrutura de madeira. Con esta disociación resolvemos cuestións relativas á conservación dos alimentos nas caixas, a ergonomía, a apilabilidade e a optimización do volume ocupado; e todo isto conseguímolo empregando materiais dunha alta durabilidade e que son facilmente reparables.
Ademais de resolver estas funcións eminentemente prácticas, o principal obxectivo de Amelia é o de contribuir a comunicar o valor e a calidade tanto dos produtos que contén coma do modelo de relación, máis xusto e sostible tanto desde o punto de vista ecolóxico coma humano.
Amelia Caixa retornable para produtos da horta
Cenlitros
Ficha técnica
- Título Amelia
- Título descritivo Deseño e desenvolvemento de caixas retornables para a distribución e venta de produtos da horta
- Data Xuño 2011
- Promotor Cenlitrosmetrocadrado
- Deseño e desenvolvemento de caixa reutilizable Cenlitrosmetrocadrado
- Estruturas de madeira Carpintería Óscar Penedo
- Bolsas de loneta Adriana Barreiro
- Fotografía Cenlitrosmetrocadrado
- Agradecementos Fundación Galicia Verde Elena Fabeiro Ana Ferreiro Santiago Arufe
- Mencións Acción DAG