O deseño de un -Kit de autoxestión veciñal- é unha acción participativa que tivo lugar no barrio da Almáciga en Compostela dentro do proxecto -Que fai un/ha creador/a no meu barrio?-, onde equipos creativos coordinan grupos de traballo orientados a reformular o espazo común a través de pequenas accións colaborativas. O obxectivo era dotar aos veciños de unha metodoloxía de traballo que lle permitise dar resposta a pequenas necesidades do barrio mediante mini intervencións de carácter creativo, que puidesen ser producidas por eles mediante o emprego de medios e recursos limitados.
Do proceso de deseño xurdiu un sistema sinxelo, flexible, capaz de medrar e adaptarse a novos usos e contextos que adopta o balado de obra como fío condutor. Da relación deste elemento con materiais auxiliares de carácter moi humilde van xurdindo sinxelas pezas de equipamento que resolven necesidades puntuais dentro de accións comunitarias de maior tamaño como reuniones asamblearias, meriendas vecinales,… A reinterpretación do balado de obra, a maiores das cualidades estruturais tamén ofrece un xogo de contraste semántico. Unha icona urbano sempre asociado a unha imaxe de límite e prohibición, agora adopta un novo rol que nega o carácter e a función de seu.