Hucha do Rei
Moble de cociña
Certo que estamos a falar da Casa do Rei, mais non da casa real, pois estamos a referirnos á Casa do Rei do Piñeiro, parroquia de Buxán-Rois.
O encargo ten a súa orixe na necesidade de conxugar con harmonía un lavalouza coas funcións auxiliares na cociña dunha vivenda de feitura tradicional, cunha personalidade moi marcada tanto polos materiais como polas solucións formais e construtivas de seu.
No eido funcional, decidimos dividir o moble en dúas partes -por unha cuestión manexabilidade para construílo e instalalo- e colocar as diferentes funcións que comprende atendendo á orde na que se levan a cabo. Deste xeito a secuencia consta dun pequeno vertedeiro auxiliar, o lavalouzas e logo un contedor de almacenaxe de louza e demais útiles habituais en calquera cociña.
Formalmente defínese pola ausencia de concesións formais gratuítas, tentando acentuar as cualidades expresivas dos materiais e a da rigorosidade construtiva coa que o carpinteiro executou o traballo. O moble está feito na súa totalidade en madeira maciza de castiñeiro, acabada con lasur mate incoloro con base de auga e mármore branco Macael.









2 comentarios
muy bonito ,sin peros
guatariame velo con un acabado en lg ,e coa misma madeira que leva nos laterales ,que non frente , xusto a disposicion que tendes no deseño ,mais insisto gustame muito
Alegrámonos de que che guste Orlando.
A disposición das táboas do frontal e dos costados obedece á lóxica construtiva (fíxate nas ferraxes e nos ensambles). Se queres vennos facer un día unha visita e explícasnos que é iso do lg, que por aquí somos moi amigos de aprender todo o que poidamos sobre acadados na madeira.